Cajaraville, Héctor

Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa en diferentes entidades e institucións, como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Concello de Santiago, e tamén como redactor nos diarios " La Voz de Galicia " e " De Luns a Venres " . En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, " De remate " , e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con " Quen dá a quenda? " (Xerais, 2016). Nese mesmo ano a súa obra " A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas) " (Xerais, 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña, e en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con " Once portas " (Xerais, 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con " Denébola a Roxa " . É o autor da tradución ao galego da novela " O gardián invisible " , de Dolores Redondo. Ademais, participou na redacción do " Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato " (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía do mundo do mar, recursos ludolingüísticos na prensa ou análise da linguaxe xornalística. Desde 2011 dedícase á corrección de orixinais para diferentes selos editoriais galegos.


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: